patrón, patroa
Audio 1
Audio 2

patrón (feminino: patroa) substantivo1 Persoa que axuda, defende ou protexe a alguén. Aquela monxa convertérase na patroa dos nenos do orfanato. SINÓNIMO padrón2 Santo titular dunha igrexa ou considerado protector dunha poboación ou dun determinado grupo. A Virxe da Asunción é a patroa de Beariz. SINÓNIMOS padroeiro, padrón Santo Isidro é o patrón dos labradores. SINÓNIMOS avogado, padroeiro, padrón3 Propietario dun establecemento, casa de hóspedes etc., ou persoa que os dirixe. A patroa acompañounos ata a porta do cuarto.4 Persoa que dá emprego a un grupo de traballadores e está ao cargo destes. O patrón sempre vixía os obreiros. SINÓNIMO amo CONFRÓNTESE empregador5 Historia Amo ou señor dun escravo. O patrón castigaba os escravos que non traballaban.6 Persoa que está ao mando dunha embarcación. Patrón de pesca. Patrón de iate.7 Persoa máis vella dunha familia. Cando sae pasear, o patrón sempre leva o seu caxato. SINÓNIMO padrón

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!