pau
Audio 1

pau substantivo masculino1 Calquera anaco de madeira longo e delgado. Cun pau e unha xesta fixo unha vasoira. Pau da luz. Pau do teléfono.2 Marítimo Poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nas embarcacións modernas, as antenas de radio, os focos etc. O forte vento rompeu o pau do veleiro. SINÓNIMOS árbore, mastro3 Materia compacta e dura que está debaixo da casca das árbores e doutras plantas. Uns zocos con sola de pau. SINÓNIMO madeira14 Cada unha das series de naipes que ten a baralla. Os paus da baralla española son: ouros, copas, espadas e bastos.5 Deporte Instrumento con que se golpea a pelota en determinados deportes, como o golf, o béisbol etc. Xogaba ao golf cuns paus de seu avó.6 Golpe dado cun pau ou con outro obxecto semellante. Como non cales, vas levar un pau. Ti o que estás buscando son uns paus.7 coloquial Desgraza ou suceso adverso. Para a familia foi un pau que a filla tivese que abandonar o país.8 Trazo vertical ou case vertical, na escritura. Comezan por facer uns paus. O pau do ‘d’.9 Heráldica Peza que se coloca verticalmente na metade do escudo e que cando é unha soa, ocupa a terceira parte deste. Destacaba a cor vermella do pau do escudo. FRASES E EXPRESIÓNS CON pau A darlle cun pau En abundancia. Había peixe a darlle cun pau. SINÓNIMOS a barullo, a carradas, a embute, á envorca, a esgalla, a varrer A paus De maneira violenta. Remataron a discusión a paus. Arado de pau VÉXASE arado Dar paus de cego Facer algo de maneira irreflexiva e sen saber se se vai obter algún resultado. Vai pola vida dando paus de cego. Pata de pau VÉXASE pata Pau brasil VÉXASE brasil2 Pau de ferroPauferro Fixeron un buraco na terra co pau de ferro para chantar as estacas. Pau de san Gregorio (Prunus padus) Arbusto ou árbore de pequeno tamaño da familia das rosáceas, de tronco delgado, follas ovais, oblongas e lixeiramente dentadas, flores brancas moi aromáticas reunidas en acios e froito en drupa. O pau de san Gregorio cultívase como planta ornamental. Pau maior Marítimo Pau máis alto dunha embarcación que sostén a vela principal. O pau maior é paralelo ao trinquete. Peixe pau VÉXASE peixe Teso coma un pau Cheo de arrogancia. Nin mirou para min, ía teso coma un pau.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!