pegar
Conxugar
Audio 1

pegar /verbos/pegar.html verbo transitivo1 Unir [unha cousa] a outra mediante unha substancia que dificulta a súa separación. Pegaba carteis do partido pola rúa. SINÓNIMOS adherir, apegar, apelicar, colar1, encolar1 ANTÓNIMOS desapegar, descolar, desencolar, despegar CONFRÓNTESE fixar2 Unir ou xuntar [unha cousa] con outra, de maneira que non quede espazo entre elas. Pega a túa mesa á miña. SINÓNIMOS apegar, apelicar CONFRÓNTESE arrimar3 coloquial Transmitir [unha enfermidade, costume, vicio etc.] por contacto, trato etc. O irmán pequeno pegoulle a gripe ao grande. Ao final acabou pegándolle o vicio. SINÓNIMOS apegar, contaxiar4 Realizar [a acción indicada polo substantivo que segue]. Cando lle dei a noticia, pegou un salto de alegría. Pega cada berro que te deixa xorda. SINÓNIMO dar5 Sufrir [a acción indicada polo substantivo que segue]. Que susto me pegaches! SINÓNIMO dar6 Dar [certo tipo de golpes]. Pegoulle unha labazada. SINÓNIMOS atizar, zorregar, zoscar7 Informática Colocar nun lugar [o contido do portapapeis]. A imaxe quedaría mellor se a pegases ao principio do documento. verbo intransitivo8 [Sono, fame etc.] empezar a manifestarse. Pegoulle a risa e non era quen de parar. SINÓNIMO dar9 [Cousa] quedar unida a outra mediante unha substancia que dificulta a súa separación. Este papel non pega ben. SINÓNIMOS adherir, apegañar, apegar ANTÓNIMO desapegar10 [Substancia] ser válida para unir unha cousa a outra sen que se poidan separar. Esta cola non pega nada ben. SINÓNIMO apegar11 Dar golpes a unha persoa ou animal. Seica lle pegou ao can. SINÓNIMOS bater, cascar, petar, zorregar, zoscar, zoupar, zumbar, zurrar CONFRÓNTESE brear12 [Cousa] bater con forza noutra. A pedra pegou na ventá e rompeu o cristal.13 [Luz, raios solares] chegar con forza a unha superficie. Como pega o sol aquí! SINÓNIMO bater14 [Lume] pasar a unha cousa próxima. O incendio comezou na palleira e logo as lapas pegaron no alboio.15 [Cousa] estar en harmonía con outra, ser oportuna. Este sombreiro non che pega nada. Non pega que vaias de traxe a esa festa.16 coloquial [Cousa] causar unha forte impresión, ter efecto ou éxito. Este disco está pegando forte. verbo pronominal17 [Cousa] quedar unida a outra mediante unha substancia que dificulta a súa separación. Esta páxina pegouse á seguinte e agora non se pode ler. SINÓNIMOS adherirse, apegañarse, apegarse, apelicarse, ANTÓNIMO desapegarse, CONFRÓNTESE fixarse18 [Enfermidade, costume, vicio etc.] transmitirse por contacto, polo trato etc. Que axiña se che pegou o acento andaluz! SINÓNIMO apegarse19 [Persoa] unirse a outra ou a un grupo sen ser invitada. Pegouse a nós e agora non hai maneira de librarse del. SINÓNIMOS apegarse, apelicarse, CONFRÓNTESE arrimarse20 [Comida] quedar fixa no fondo do recipiente onde se está cociñando, que pode acabar por chamuscarse. Remexe as lentellas para que non se peguen. SINÓNIMO apelicarse21 [Melodía, canción] quedar con facilidade na memoria dunha persoa. Pegóuseme esa canción e paso o día cantándoa. FRASES E EXPRESIÓNS CON pegar Pegar a correr Botar a correr. Pegou a correr e non o demos collido. Pegarlle lume (a algo)Queimalo Ía rozar a toxeira pero preferiu pegarlle lume.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí