peito
Audio 1

peito substantivo masculino1 Parte anterior do tórax humano, entre o pescozo e o abdome. Un peito musculoso. CONFRÓNTESE busto2 por extensión Conxunto de órganos do sistema respiratorio que se atopan na cavidade torácica. Sempre foi algo delicado do peito. Inchar o peito ao respirar.3 Conxunto das dúas mamas da muller, ou cada unha delas. Un peito firme. SINÓNIMO busto Levaba os peitos ao descuberto. SINÓNIMOS seo, teta4 Parte anterior do corpo de certos animais, comprendida entre o pescozo e a barriga. Un cabalo de tiro, de peito robusto.5 Parte dunha peza de roupa que cobre o corpo por diante. Tes unha mancha no peito da camisa.6 figurado Lugar no que se consideran situados os sentimentos. No máis fondo do seu peito agachaba unha idea de vinganza. SINÓNIMO corazón7 figuradoValor OBSERVACIÓNS: Ten ás veces un matiz pexorativo Dígoche que hai que ter peito para aguantar iso. FRASES E EXPRESIÓNS CON peito Anxina de peito VÉXASE anxina A peito descuberto Con valentía. Decidiu asumir a confrontación a peito descuberto, sen encollerse ante os inimigos. Arca do peito VÉXASE arca Bico do peito VÉXASE bico Dar o peito Dar de mamar unha muller a un bebé. Deulle o peito á filla ata o ano. Tampo do peito VÉXASE tampo Tomar a peito (algo) 1 Interesarse ou empeñarse excesivamente en algo. Toma moi a peito todo o que fai. 2 Ofenderse alguén por algo que non ten moita importancia. Tomou moi a peito o que lle dixo e agora nin o saúda.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí