pena
Audio 1

pena1 substantivo feminino1 Castigo que se impón a alguén por unha falta ou delito cometido. Foi condenado a unha pena de cinco anos de cárcere. A morte é a pena capital.2 Sufrimento moral producido por un suceso adverso, un desengano etc. Sentiu moita pena ao despedirse dos amigos. SINÓNIMOS aflición, dolor, dor, mágoa, pesadume, pesar2, tristeza, tristura ANTÓNIMOS alegría, ledicia3 Feito que produce ese sufrimento. Contoume as súas penas. SINÓNIMOS tristeza, tristura ANTÓNIMO alegría substantivo feminino plural4 Traballo ou sufrimento que se padece nunha actividade. Cantas penas pasou nesta vida! SINÓNIMOS fatiga, penalidade FRASES E EXPRESIÓNS CON pena Pagar a pena Recompensar algo o traballo que custa facelo. Estudou moito pero pagoulle a pena. Pena capital Pena de morte. Os países reunidos condenaron a pena capital. Pena de morte Castigo que consiste na privación da vida do reo, condenado pola autoridade competente, tras ser declarado culpable dun delito. A pena de morte aplicábase asiduamente na maior parte das civilizacións antigas. SINÓNIMO pena capital

pena
Audio 1

pena2 substantivo feminino1 Pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar de forma natural. Unha paisaxe sen árbores, con moitas penas. SINÓNIMOS fraga, fragueiro, penedo, roca2, rocha Foi nadando ata unha pena que estaba preto da praia. SINÓNIMOS con2, farallón, penedo, roca2, rocha2 Cada unha das pas cóncavas que forman o rodicio do muíño. Rompeulle unha pena ao rodicio. SINÓNIMOS culler, penla1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!