pensar
Conxugar
Audio 1

pensar /verbos/pensar.html verbo transitivo1 Ter presente na mente [algo]. Pensa o que che dixen. CONFRÓNTESE meditar2 Facer uso da razón para entender [algo] ou para formar a idea dunha cousa. Pensándoo ben, non é unha mala idea. Pensade ben as respostas antes de contestar. SINÓNIMO razoar3 Desenvolver ou crear [algo] usando a imaxinación e a intelixencia. O que pensou este sistema sabía o que facía.4 Ter a idea, opinión ou sospeita de [aquilo que se expresa]. Penso que é o mellor para todos. SINÓNIMOS achar, considerar, entender, opinar Que pensas das eleccións? SINÓNIMO opinar Xa pensaba que che pasara algo. SINÓNIMOS coidar, crer5 Considerar [algo] como probable, sen estar certo. Penso que chegará hoxe. SINÓNIMOS coidar, crer, imaxinar, supoñer, supor6 Ter a intención de [facer algo]. Pensamos ir ao festival de teatro de Ribadavia. verbo intransitivo7 Exercitar a facultade de concibir, de xulgar, de formar conceptos. A liberdade de pensar. O ser humano pensa.8 Dirixir o pensamento cara a algo ou a alguén. En que pensabas? Canto máis pensaba no asunto, menos se convencía.9 Ter consideración cara a algo ou a alguén, atender as súas necesidades. Pensa no traballo, non folgues. Pensa neles, que están necesitados. Teño que pensar en min. FRASES E EXPRESIÓNS CON pensar Pensar (algo) dúas vecesReconsiderar Ofrecéronllo sen pensalo dúas veces. Pensar malDesconfiar En ningún momento pensei mal deles. Pensar (alguén) para si Ter palabras ou ideas na mente sen dicilas en alto. Pensei eu para min: “Vas de lado e costa arriba”.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!