pensión
Audio 1

pensión substantivo feminino1 Asignación que algunha das institucións do Estado concede a unha persoa por enfermidade, por dereitos de traballo adquiridos etc. Pensión vitalicia. O avó foi cobrar a pensión. SINÓNIMO paga CONFRÓNTESE xubilación2 Cantidade de diñeiro concedida a científicos, artistas etc., para ampliar estudos, como axuda á creación etc. Recibiu unha pensión para viaxar a Italia. CONFRÓNTESE bolsa13 Pago regular e periódico que, por diversos conceptos, un divorciado ou divorciada está obrigado por lei a entregarlle ao ex-cónxuxe que convive cos fillos habidos no matrimonio. Nos primeiros dez días de cada mes ten que pasarlles a pensión aos fillos.4 Hospedaxe de características modestas. A viúva levaba unha pensión de estudantes. CONFRÓNTESE fonda1, hostal, hotel, pousada FRASES E EXPRESIÓNS CON pensión Media pensión 1 Réxime de internado que inclúe o ensino e o xantar. Estudaba nun colexio onde había media pensión. 2 Réxime de hospedaxe con dereito a aloxamento e a almorzo e xantar, ou a almorzo e cea. Estivo nun hotel de media pensión. Pensión completa Réxime de hospedaxe con dereito a aloxamento e a todas as comidas diarias. Comían no hotel, tiñan pensión completa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí