período
Audio 1

período substantivo masculino1 Porción de tempo máis ou menos longo. Gozamos dun breve período de vacacións. A súa estadía prolongouse por un período de tres semanas. CONFRÓNTESE espazo, lapso2 Cada unha das distintas partes sucesivas en que está dividido un proceso en evolución. A vellez é o último período da vida. SINÓNIMO etapa3 Espazo de tempo de duración determinada durante o cal se produce un certo fenómeno. Período de xestación. Está próximo o período das chuvias. CONFRÓNTESE época, estadio, fase4 Espazo de tempo caracterizado por determinadas circunstancias ou por acontecementos particulares. O país atravesa un período de crise económica. SINÓNIMOS época, fase5 Tempo durante o cal se realizan determinadas actividades establecidas pola lexislación. Período electoral. Os soldados deben realizar un período de instrución de tres meses.6Menstruación Varios días de atraso do período facíana pensar nun posible embarazo.7 Xeoloxía Cada un dos intervalos de tempo en que se subdivide unha era. Período glaciar.8 Lingüística Fragmento dun discurso situado entre pausas e con sentido completo, constituído por unha oración composta de varias cláusulas unidas entre si por subordinación ou por coordinación. Os longos períodos da prosa de Otero Pedrayo.9 Física Tempo que tarda un fenómeno periódico en percorrer todas as súas fases. O período dunha corrente alterna.10 Matemáticas Cifra ou conxunto de cifras que se repite nunha fracción decimal. Se dividimos 1 entre 3, dá o cociente 0,3333...; o período é 3.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!