perder
Conxugar
Audio 1

perder /verbos/perder.html verbo transitivo1 Deixar de ter. Perdeu moitos cartos xogando. Perder a honra. Perder un amigo. Perder a ilusión. ANTÓNIMO gañar2 Deixar [algo] nun sitio ignorado. Perdín o libro. SINÓNIMO extraviar ANTÓNIMOS achar, atopar, encontrar3 Verse privado de [alguén] por morte ou por outro motivo. Dixo que perdera un curmán na guerra.4 Non tirar proveito ou partido de [algo]. Aquí estamos perdendo o tempo. Estivo traballando sen perder un minuto. SINÓNIMOS desaproveitar, desperdiciar ANTÓNIMO aproveitar5 Non aproveitar, non poder facer uso de, ou tomar parte en [unha cousa] por chegar tarde. Perdemos o coche de liña. Ides perder a festa. Perdeu o inicio da película.6 figurado Deixar sen a boa reputación [alguén], causarlle a ruína. Ha de perdelo a bebida. Perdérono as malas amizades. SINÓNIMOS corromper, perverter Tíñanlle tal envexa que conspiraban para perdelo. Tamén verbo pronominal Non lle dispares que te perdes.7 Verter [o contido] fóra un recipiente por estar furado ou en mal estado. A roda perde aire. SINÓNIMO deitar Tamén absoluto Este caldeiro perde polo fondo. SINÓNIMOS deitar, verter8 Chegar ao remate de [un xogo, loita, competición etc.] sen vantaxe sobre o contrario. Perdemos o partido. Tamén absoluto Non lle gusta perder. ANTÓNIMO gañar verbo intransitivo9 Empeorar de estado, aspecto, situación etc. Era un bo mozo, pero perdeu moito desde que estivo enfermo. ANTÓNIMO mellorar Co troco que fixo saíu perdendo. ANTÓNIMO gañar verbo pronominal10 Deixar de existir, de manifestarse, de ser perceptible. Os barcos perdíanse entre a brétema. O xeito de vida tradicional pérdese co tempo. SINÓNIMO desaparecer11 Non acertar co camiño ou lugar adecuado. O neno choraba porque se perdera. Por mirar para a tele perdinme e agora non sei onde ía lendo. SINÓNIMO extraviarse12 Ir parar a un sitio que se descoñece. O paquete perdeuse polo camiño. SINÓNIMO extraviarse13 [Alimento] pórse en mal estado, de xeito que non sexa apto para o consumo. Perdéuselle a carne que tiña no conxelador. FRASES E EXPRESIÓNS CON perder Botar a perder 1 Provocar que unha cousa quede en mal estado ou inservible de maneira fortuíta, ao facer mal uso dela, ao non aproveitala ben etc. A xeada botou a perder a colleita. SINÓNIMOS derramar, estragar 2 Facer que alguén quede sen as calidades que posuía. As drogas botárono a perder. Botarse a perder 1 Quedar unha cousa en mal estado ou inservible de maneira fortuíta, ao facer mal uso dela, ao non aproveitala ben etc. O leite botouse a perder coa calor. SINÓNIMOS derramarse, estragarse 2 Quedar alguén sen as calidades que posuía. Era moi bo rapaz pero botouse a perder. Perder a cabeza VÉXASE cabeza Perder os estribos VÉXASE estribo Perder o tempo VÉXASE tempo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí