persoal
Audio 1

persoal adxectivo1 Que é propio dunha persoa en particular, ou que pertence ou concirne en exclusiva a unha persoa. Ti xa coñeces a miña opinión persoal sobre ese tema. SINÓNIMOS particular, subxectivo Nunca coñecemos os seus sentimentos persoais. SINÓNIMO íntimo Recibín unha chamada persoal. SINÓNIMOS particular, privado Unha maneira moi persoal de escribir. SINÓNIMO orixinal2 Gramática Relativo ou pertencente ás persoas gramaticais. ‘Comes’ é un verbo en forma persoal.3 Deporte [Falta] que comete un xogador de baloncesto ao tocar ou empuxar a outro do equipo contrario. O pivote fixo a quinta falta persoal no terceiro cuarto do partido. Tamén substantivo feminino A última persoal que lle sinalaron ao base non foi tal. substantivo masculino4 Conxunto de persoas que traballan nunha mesma empresa, establecemento etc. Van reducir o persoal. SINÓNIMO cadro de persoal5 coloquialXente Canto persoal hai nesa taberna! FRASES E EXPRESIÓNS CON persoal Cadro de persoal Persoal (acepción 4). A metade do cadro de persoal está en folga. Cédula persoal VÉXASE cédula Pronome persoal VÉXASE pronome

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]