peso
Audio 1

peso substantivo masculino1 Física Forza exercida por un corpo material sobre o que o soporta, debido á influencia da gravidade. O peso das cousas depende da súa masa. A póla partiu polo peso das mazás.2 Magnitude desta forza. Este coche pode transportar máis de mil quilos de peso. Anda polo seu peso normal.3 Corpo material que pesa. Un camión transporta máis peso ca un coche. SINÓNIMO carga4 figurado Obriga ou opresión que se soporta con dificultade ou sufrimento. É o fillo quen leva o peso dos negocios. Quítame un peso de encima. O peso dos impostos.5 figurado Valor ou importancia que ten algo ou alguén. Un home de peso. Esa non é unha razón de peso.6 Unidade monetaria da Arxentina, Chile, Colombia, Cuba, República Dominicana, Filipinas, A Guinea Bissau, México e O Uruguai. O peso arxentino.7 Moeda que representa esta unidade. Trouxeches algún peso de México?8 Moeda equivalente a cinco pesetas que se empregaba en España antes da adopción do euro. Cando iamos á escola, cun peso mercabamos unha bolsa de lambetadas.9 Peza con peso determinado, que serve para comprobar o que pesan as cousas, comparándoas con ela nunha balanza. Pon un peso de medio quilo no prato da balanza.10 Peza con certo peso que, pendurada dunha corda, serve para mover algúns reloxos ou para axudar a subir e baixar unha cousa, compensando o peso. Reloxo de pesos.11 Deporte Bóla de metal dun peso determinado, que se usa en lanzamentos deportivos. Manuel Martínez é un excelente lanzador de peso. FRASES E EXPRESIÓNS CON peso De peso Persoa ou cousa importante. Ten razóns de peso para afirmar iso. Peso bruto Peso total, tendo en conta o envase, os desperdicios etc. Calcula o peso bruto coñecendo o peso da mercancía e o peso do recipiente. Peso específico Física O da unidade de volume dun corpo en relación co da mesma unidade de auga. No exercicio tiña que calcular o peso específico. Peso galo 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso inferior aos cincuenta e tres quilos cincocentos gramos. É unha estrela do peso galo. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. Gañou o combate o peso galo alemán. Peso lixeiro 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso, inferior aos sesenta e un quilos douscentos gramos. Conquistou o título de peso lixeiro. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. O peso lixeiro concedeu unha entrevista antes de comezar a pelexa. Peso mosca 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso inferior aos cincuenta quilos oitocentos gramos. O púxil relatou os seus primeiros triunfos no peso mosca. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. O favorito do combate é o peso mosca que vai de azul. Peso neto Peso sen a tara. O peso neto son cincuenta quilos. Peso pesado 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso superior aos setenta e nove quilos trescentos gramos. O campión olímpico de peso pesado. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. O peso pesado sufriu unha lesión que o obrigou a abandonar o ring. 3 figurado Persoa que ten unha grande influencia ou importancia nun determinado ámbito ou actividade. É un peso pesado do mundo dos negocios. Peso pluma 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso inferior aos cincuenta e sete quilos cen gramos. Un boxeador do peso pluma. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. O peso pluma arxentino perdeu o combate a pesar de ser o favorito. Peso wélter 1 Deporte Categoría na que se inclúen os boxeadores profesionais de peso inferior aos sesenta e seis quilos seiscentos gramos. Un combate de peso wélter. 2 Deporte Boxeador que pertence a esta categoría. O peso wélter portugués obtivo a vitoria.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!