peza
Audio 1

peza substantivo feminino1 Cada unha das partes ou elementos dun conxunto, considerado como un todo, ou dun obxecto, máquina etc. Fáltalle unha peza ao motor. Na súa colección de selos ten pezas moi valiosas. Unha peza do xadrez.2 Cada unidade de certas cousas ou produtos dunha mesma especie. Unha peza de pan de Cea. Regaloulle unha peza de cerámica de Buño.3 Calquera dos elementos que constitúen a vestimenta. As chaquetas, as camisas etc., son pezas de roupa. Non teño ningunha peza apropiada para ir á voda.4 Espazo de tempo durante o que unha persoa dispón, para uso particular, da auga para regar, ou do muíño. O pouco centeo que ten móeo todo nunha peza. CONFRÓNTESE quenda5 Porción de tea ou de coiro para remendar. Miña nai botóulleme unha peza ao pantalón. SINÓNIMOS mendo1, pegón, remendo, tomba6 Cada un dos compartimentos en que está dividida unha casa. Esta peza da casa é moi fría. SINÓNIMOS cuarto1, estancia7 Porción de terreo de cultivo. Á beira da casa temos unha peza de horta.8 Animal cazado ou pescado. Pescou unha peza de tres quilos.9 Obra literaria ou musical. Unha peza de teatro. A noiva bailou unha peza co padriño.10 figurado Persoa de malos costumes. Si, ti tamén es boa peza.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!