piñeiro, piñeira
Audio 1
Audio 2

piñeiro2 (feminino: piñeira) adxectivo1 [Galo ou galiña] que non ten crista. Mercou unhas galiñas piñeiras.2 [Res] que ten os cornos rectos. Entre a facenda había dúas vacas piñeiras.

piñeiro
Audio 1

piñeiro1 substantivo masculino1 Árbore da familia das pináceas, de folla perenne en forma de agulla, que ten como froito a piña e como semente o piñón, e do cal existen varias especies. O piñeiro é moi abundante en Galicia.2 Madeira desa árbore. Unha mesa de piñeiro. FRASES E EXPRESIÓNS CON piñeiro Piñeiro bravo (Pinus pinaster) Piñeiro de forma piramidal, que vai medrando moi rápido ata alcanzar os trinta ou corenta metros de altura, de tronco groso, casca áspera e follas ríxidas e algo punzantes que van saíndo de dúas en dúas. O piñeiro bravo é a especie máis empregada nas repoboacións forestais. SINÓNIMO piñeiro marítimo Piñeiro cernil (Pinus pinea) Piñeiro con ramas horizontais que van formando unha copa compacta e hemisférica e que se caracteriza por dar uns piñóns máis grandes. As sementes do piñeiro cernil son doces e alimenticias. SINÓNIMO piñeiro manso Piñeiro manso Piñeiro cernil. No xardín botánico había varias especies de piñeiros, entre eles un piñeiro manso. Piñeiro marítimo Piñeiro bravo. O piñeiro marítimo medra formando grandes bosques tanto no litoral como no interior.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!