pica
Audio 1

pica1 substantivo feminino1 Punta aguzada dun obxecto. Hai que lle afiar a pica ao lapis.2 Historia Lanza de hasta longa e punta curta. Os guerreiros mantiñan as picas en alto.3 Ferramenta dos canteiros formada por un mango que leva no extremo unha barra de ferro rematada nos dous lados en punta, e que serve para picar a pedra. Picaron a pedra coa pica.4 Pau longo que ten nun dos extremos un ferro en forma de semicírculo e que se usa fundamentalmente para sacar o pan do forno. Sacaban o pan coa pica e poñíano enriba dunhas pallas.5 Folla do piñeiro. Xuntou unha pouca pica para acender o lume. SINÓNIMOS agulla, arume1, bruma2, cisco, frouma, garfa, lesta, padumeiro, pilro, piñuca, pulazo, rama16 Anzol grande que se utiliza no rasco. Algunhas das picas do aparello serven para rastrexar o fondo do mar na busca de redes.7 Paxaro da familia dos motacílidos, coa plumaxe de cor parda apencada ou raiada de escuro na parte superior do corpo e de cor castaña clara ou abrancazada na inferior, do que existen varias especies. Algúns tipos de picas pasan o inverno na nosa terra. substantivo feminino plural8 Un dos catro paus da baralla francesa, que se representa mediante unha punta de pica negra. OBSERVACIÓNS: Tamén se emprega ás veces en singular O ás de picas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!