picar
Conxugar
Audio 1

picar /verbos/picar.html verbo transitivo1 Ferir superficialmente cun obxecto rematado en punta. Picou as pernas nos toxos. SINÓNIMO espiñar Picou o boi coa aguillada. CONFRÓNTESE aguilloar, tanguer, tanxer2 Cravar [algo] nun obxecto rematado en punta. Picou a carne no espeto para asala.3 Cravar un animal a [alguén] o ferrón, peteiro, aguillón, ou outro órgano. Picouno unha abella. Picoulle unha cóbrega nunha perna. Tamén absoluto Contra a noite pican máis os mosquitos.4 Cravar as esporas a [unha cabalaría]. Picou o cabalo e saíu ao galope. SINÓNIMO esporear5 Golpear [unha pedra, parede etc.] coa pica, o pico ou instrumento semellante, para desbastala, labrala etc. Sentouse no alboio e comezou a picar a pedra. Os albaneis picaron a pedra da lareira antes de asentala. CONFRÓNTESE apicoar Antes do mes de setembro picaban sempre a pedra do muíño.6 Cravar a [alguén] unha xiringa, con fins terapéuticos. Picárono nun xeonllo para extraerlle líquido. Levou o neno ao médico para que o picase.7 Dividir [algo] en anacos pequenos. Picou allo e cebola para facer un rustrido. SINÓNIMOS trillar, trinzar, triscar Durante o verán recolle e pica a leña para o inverno. SINÓNIMOS cortar, partir8 Facer un ou máis buratos en [un papel, tecido, ou outro material] cun obxecto rematado en punta. Pica co punzón a beira inferior do debuxo. CONFRÓNTESE perforar Enfadáronse con nós e picáronnos o balón. Durante a folga utilizaban subelas para picar as rodas dos autobuses.9 Facer un burato en [un billete] ou arrancar parte del para indicar que foi utilizado ou que non é válido. Un acomodador picaba os billetes ao subir ao autobús. SINÓNIMO obliterar10 Afuracar a couza ou a humidade [un tecido, papel, madeira]. A humidade picou a roupa do armario. A couza pica as trabes.11 Comer pequenas cantidades de [un ou varios alimentos]. Picamos un aperitivo antes de xantar. SINÓNIMO debicar Tamén absoluto Ponnos algo para picar co vermú. CONFRÓNTESE depenicar, petiscar12 Tomar as aves [a comida] co peteiro. As galiñas picaban no maínzo. O xílgaro picaba as follas da leituga.13 Causar carie en [un dente ou moa]. Non debes abusar dos doces, xa sabes que poden picar os dentes. SINÓNIMO cariar14 Golpear [a bóla] coa punta do taco, no xogo do billar. Na última xogada picou a bóla e perdeu a partida.15Cravuñar Poucas veces pode gozar un de ver picar unha gadaña.16 Copiar [un texto] cunha máquina de escribir ou cun ordenador. Para poder aplicar ese programa é necesario volver picar o texto.17 figurado Provocar [alguén] con palabras ou accións. Non o piques que logo se che anoxa.18 Morder un peixe [o cebo]. A troita picou a miñoca. Tamén absoluto Hoxe hai tronada, pican ben. verbo intransitivo19 [Parte do corpo] presentar proído. Pícanme os ollos co fume. SINÓNIMO proer20 [Cousa] producir proído a alguén. Di que lle pican os xerseis de la. SINÓNIMOS comer, proer21 [Alimento] producir sensación de ardor no padal ou na lingua. Ten unha caste de pementos que non pican.22 figurado Caer nun engano. Puxéronlle unha trampa pero non picou.23 [Algo aguzado] causar unha ferida superficial. Non lles toques ás follas dos cardos que pican.24 [Vehículo] sufrir unha picada nunha roda. O coche picoulles ao pouco de incorporarse á autoestrada.25 [Alguén] sufrir unha picada no vehículo en que vai. Picamos cando viñamos de volta. verbo pronominal26 Ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta. Picouse ao caer na silveira. Picouse co coitelo nunha man.27 [Tecido, papel, madeira] presentar un ou máis buratos pola acción da couza, da humidade etc. Moitos documentos que había no soto picáronse a causa da humidade.28 [Pneumático, globo ou calquera cousa que se pode inchar] perder o aire a consecuencia dunha picada. Picouse o globo. Picouse a roda de diante.29 coloquial Inxectar unha droga no corpo. Non me pico.30 [Mar] encresparse. Picouse o mar e as dornas volveron ao porto.31 [Alimento, especialmente o viño ou o leite] estragarse ou perderse. Picóuselle unha cuba de trinta moios. CONFRÓNTESE avinagrarse Picouse o leite coa calor.32 [Dente, moa] ter carie. Picóuselle unha moa. SINÓNIMO cariarse33 figurado Sentirse ofendido. Sempre se pica se o chaman polo alcume.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]