piso
Audio 1

piso substantivo masculino1 Superficie pola que se anda. O campo de fútbol tiña o piso moi duro. SINÓNIMO chan O piso da estrada está mollado. SINÓNIMOS chan, firme CONFRÓNTESE pavimento2 Chan das diversas plantas dun edificio. A nosa casa ten piso de madeira. Todo o edificio ten o piso de baldosa. SINÓNIMO chan3 Cada un dos planos horizontais en que se divide un edificio, por enriba do baixo. As oficinas están no terceiro piso. SINÓNIMOS andar, planta4 Vivenda nun edificio de varias plantas. Compraron un piso no centro. CONFRÓNTESE apartamento5 Cada unha das capas dunha cousa, superpostas horizontalmente. A torta nupcial tiña cinco pisos.6 Parte de abaixo do calzado. Estes zapatos teñen o piso de goma.7 Superficie de táboas onde o carro leva a carga. Os carros teñen o piso de madeira de piñeiro. SINÓNIMOS chedeiro, estrado, latado, leito, sollado, sollo2

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!