pita
Audio 1

pita1 substantivo feminino1 Galiña nova. As pitas aínda non poñen. SINÓNIMO pola2Galiña Temos dous galos e tres pitas. FRASES E EXPRESIÓNS CON pita Pita cega Xogo infantil en que un xogador, cos ollos tapados, ten que pillar algún dos participantes ou adiviñar quen é. Todos os días no recreo xogabamos á pita cega. Pita choca Galiña choca. A pita choca cacarexaba no galiñeiro. Pita de auga (Gallinula chloropus) Ave mergulladora da familia dos rálidos, de cor parda coas partes inferiores cincentas e unha mancha vermella na fronte que chega ata o peteiro, de cor amarela. Achegáronse para ver as pitas de auga e os parrulos que vivían na lagoa. SINÓNIMOS galiña de río, galiñola, pita de río Pita de río Pita de auga. Na beira da lagoa aniñaban varias pitas de río. Pita do monte (Tetrao urogallus) Ave da familia dos tetraónidos, de plumaxe negra cincenta con reflexos verdosos, ás acastañadas, cellas encarnadas e cola que exhibe en abano na época de celo, no macho, e de cor acastañada con pencas brancas na femia. A pita do monte dos Ancares come os froitos do acivro.

pita
Audio 1

pita2 substantivo feminino1 Botánica Planta perenne da familia das amarilidáceas, propia de lugares secos e maiormente orixinaria de México, de follas grandes e carnosas, ríxidas e rematadas nun forte aguillón, que bota cada varios anos unha especie de talo central cun ramallete de flores amarelas no extremo superior e da que existen varias especies. Das follas da pita extráese unha fibra coa que se elaboran cordas. SINÓNIMO agave2 Fibra elaborada coas follas desta planta. Unha alfombra de pita.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!