plano, plana
Audio 1
Audio 2
Audio 3

plano1 (feminino: plana) adxectivo1 Sen curvas, sen ondulacións, sen desniveis. Un terreo plano. CONFRÓNTESE chairo, chan Pantalla plana. substantivo masculino2 Superficie plana. Plano horizontal. Plano inclinado.3 figurado Posición, punto de vista desde o cal se pode considerar algo. As dúas propostas están no mesmo plano.4 Cada unha das superficies planas imaxinarias, perpendiculares á dirección da vista, que dan idea de profundidade e do afastamento dos obxectos en fotos, imaxes de cine etc. No último plano do cadro hai detalles magníficos.5 Imaxe ou toma que se realiza cun enfoque e encadramento determinado. Fixo un plano xeral da ría desde o helicóptero. Tomou varios primeiros planos do seu rostro. FRASES E EXPRESIÓNS CON plano De plano locución adverbial 1 Dereito Amigablemente, por acordo entre as partes. Resolveron o conflito de plano. 2 Por completo, sen reservas. Confesou de plano. Aceptou de plano todas as nosas condicións. De primeiro plano De moita importancia, de moita actualidade. É unha figura de primeiro plano. De segundo plano De importancia relativa. Trátase dun problema de segundo plano. Pé plano VÉXASE Plano cenital VÉXASE cenital

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!