planta
Audio 1

planta substantivo feminino1 Organismo vivo do reino vexetal. Nas fragas hai moitos tipos de plantas.2 Vexetal con raíz, talo, follas etc., en particular, os que non teñen tronco. No xardín temos árbores froiteiras e plantas con flores.3 Parte inferior do pé, que vai desde a base das dedas ata o calcañar. Librou do servizo militar por ter as plantas dos pés planas.4 Cada unha das partes en que se divide horizontalmente unha construción. Un edificio de sete plantas. SINÓNIMOS andar, piso5 Arquitectura Figura que forma a base dun edificio ou a sección horizontal de cada un dos pisos. A planta dunha catedral.6 Representación do plano horizontal dunha figura. Debuxar a planta e o perfil.7 Conxunto de instalacións e maquinaria de certas industrias. Unha planta de reciclaxe. FRASES E EXPRESIÓNS CON planta Planta baixa O piso máis baixo dunha construción, situado a rentes do chan. Unha casa con planta baixa e sobrado. Planta carnívora Planta que captura pequenos animais, como insectos, para alimentarse. As plantas carnívoras viven en lugares pobres en nitróxeno.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!