plantar
Conxugar
Audio 1

plantar /verbos/plantar.html verbo transitivo1 Enterrar [unha planta nova ou unha semente] para que prenda e medre. Plantar as patacas. SINÓNIMOS botar1, sementar Plantaron un cento de cepas.2 Poboar de plantas [un terreo]. Plantaron un souto de castiñeiros.3 Colocar [algo] de xeito que quede erguido e fixado ao chan. Están plantando uns postes para coutar a viña. CONFRÓNTESE chantar, cravar, fincar4 coloquial Abandonar alguén [unha obrigación ou un deber]. Dun día para outro decidiu plantar os estudos.5 Deixar esperando [alguén] con quen se tiña unha cita ou compromiso. Quedaramos con el pero deixounos plantados.6 Deixar abandonado [alguén] de maneira imprevista. No medio do baile, plantouno por un comentario ofensivo. verbo pronominal7 Poñerse e manterse firme nalgún lugar. Plantouse diante deles para impedirlles o paso.8 Negarse a continuar. Farto de trasacordos, plantouse e negouse a asinar.9 Non querer, nun xogo de naipes, máis cartas das que se teñen. Mirou ben as súas cartas e dixo: Plántome.10 coloquial Chegar a un lugar en pouco tempo. Plantouse alí en tres minutos. FRASES E EXPRESIÓNS CON plantar Plantarlle lume (a algo) Prenderlle lume. Uns desaprehensivos plantáronlle lume ao monte.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!