poder
Audio 1

poder2 substantivo masculino1 Facultade ou capacidade de facer algo por contar cos medios necesarios. Ten un gran poder de convocatoria. Está dotado de poderes máxicos. O seu poder non foi suficiente para chegar a onde quería.2 Aptitude para facer algo en virtude dunha lei ou contrato. Os poderes do embaixador. O patrón ten o poder de despedir os empregados.3 Capacidade de influír sobre algo ou alguén, ou para dominalo. O poder dos medios de comunicación. Ten moito poder sobre el. Unha nación, un home con moito poder. SINÓNIMO poderío CONFRÓNTESE potestade4 Dirección e control das funcións de goberno. A loita dos partidos polo poder.5 Autorización que unha persoa lle dá a outra para que poida facer algo no seu nome, e escrito en que consta tal autorización. Casaron por poderes. Fíxolle un poder para que cobrase no seu lugar.6 Forza ou vigor. Para o vella que é, aínda che ten bastante poder. As pólas racharon co poder do vendaval. FRASES E EXPRESIÓNS CON poder A poder de Polo feito de realizar algo intensa e repetidamente. A poder de tanto traballar, conseguiu o que quería. SINÓNIMOS á custa de, a forza de, a por de Estar (algo) en poder de (alguén) Telo, estar na súa posesión. O territorio estaba en poder dos romanos. SINÓNIMO obrar en poder de Obrar (algo) en poder de (alguén) Estar en poder de alguén. O testamento obra en poder dos seus avogados. Poder fáctico Sector cunha grande influencia social e capacidade para condicionar de feito a política dun país. Os medios de comunicación e a banca son dous dos poderes fácticos máis influíntes. Poderes públicos Conxunto das autoridades que gobernan un estado. Os poderes públicos garanten o dereito de todos á educación.

poder
Conxugar
Audio 1

poder1 /verbos/poder.html verbo transitivo1 Ter a capacidade, a posibilidade, a habilidade ou os medios para [facer algo]. Déixoche aquí o paraugas de Xoán, a ver se llo podes dar ti. Pódeo facer, xa o fixo máis veces. Non puido ir porque se lle avariou o coche.2 Ter o permiso para ou o dereito a [certa cousa]. Foille preguntar á nai se podía saír.3 Ter a forza física ou psíquica para [facer algo]. Non creo que o poidas levantar ti só. Tamén absoluto Érgueo ti, eu non podo. Xa non podo máis. verbo intransitivo4 Ser posible. Podería ocorrer en calquera momento. Non podía ser ela. Poida que veña.5 Ser capaz de vencer a alguén por ter máis forza. Ti pégame, pégame, que xa verás como che podo. Con ese pode calquera.6 Ter influencia ou capacidade de dominio. Trata de relacionarte con el; é un home que pode moito. FRASES E EXPRESIÓNS CON poder A máis non poder locución adverbial Todo o posible. Traballou a máis non poder. SINÓNIMO ata máis non poder Ata máis non poder A máis non poder. Correu ata máis non poder, para chegar a tempo. Non poder coas chancas VÉXASE chanca Non poder con (alguén) Non ser quen a dominalo. Non poden con eles, acábanlle a paciencia. Non poder ver (a alguén ou algo) VÉXASE ver Pode que Probablemente, quizais. Pode que chova. Poida que Probablemente, quizais. Poida que chegue antes do previsto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!