por
Audio 1

por preposición1 Lugar onde ou lugar a través do que. Di que perdeu a carteira polo camiño. Vai polo camiño ás carreiras. Por aquí chégase á cima do monte.2 Tempo pouco preciso. Aí polas tres hei de pasar por aquí. Polo mes de xaneiro neva e vai frío.3 Duración no tempo. Déronlle traballo por seis meses.4 Causa ou motivo. Has xantar ti só por chegares tarde.5Finalidade Foi ao poleiro por ovos.6 Prezo, valor. Merquei uns zapatos por catro trinta euros.7 En proveito de, a favor de. Fágoo por ti.8 Relaciona os factores dunha multiplicación. Tres por seis.9 Introduce o complemento dalgúns verbos. Andaron preguntando por vós. Vinde por min ás cinco.10 Expresa o axente. O problema é coñecido por todos. SINÓNIMO de1 Foi detido por un policía.11 Seguido do pronome interrogativo que, serve para preguntar a causa ou o motivo polo que se fai ou ocorre algo. Por que non viñeches? Dime por que non viñeches.12 Indica medio de transmisión ou de transporte. Escoiteino pola radio. Enviouno por correo.13Substitución Cambiou os zapatos polas botas.14Proporción Tocoulles pagar dez euros por persoa. OBSERVACIÓNS: A preposición por contrae coa segunda forma do artigo lo, la, los, las, dando as seguintes formas: polo, pola, polos, polas FRASES E EXPRESIÓNS CON por Por moito que locución conxuntiva A pesar de todo o que. Por moito que te esforces, non o conseguirás. Polo tanto locución conxuntiva VÉXASE tanto1 Por tanto Polo tanto. Fallou moitas preguntas, por tanto non aprobou o exame.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí