porco, porca
Audio 1
Audio 2

porco (feminino: porca) substantivo1 (Sus scrofa domestica) Mamífero doméstico da familia dos súidos, omnívoro, de corpo groso, pel dura e cuberta de sedas fortes, fociño longo e móbil, orellas caídas e patas e rabo curtos. Unha rolada de porcos. A mata do porco. SINÓNIMOS chino1, cocho1, marrán, marrancho, quino, rancho2 substantivo masculino2 Carne do porco. Non pode comer porco. SINÓNIMOS cocho1, marrán adxectivo3 popular Que ten sucidade. Levas unha chaqueta ben porca. A onde pensas que vas con esas mans tan porcas? SINÓNIMOS cocho1, merdeiro, merdento, sucio ANTÓNIMO limpo4 Que non se limpa e que non limpa o seu hábitat, ou que ensucia máis do normal ou do necesario. Éche un rapaz ben porco, para el a auga non existe. Non sexas porco, vaite lavar antes de poñerte a comer. SINÓNIMO sucio ANTÓNIMO limpo Tamén substantivo Es unha porca, lávate. SINÓNIMOS cocho1, marrán, merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro5 [Oficio, ocupación] que fai que a persoa que o realiza ou o local onde se leva a cabo se ensucien moito. O oficio do desenfeluxador é ben porco. SINÓNIMOS cocho1, sucio ANTÓNIMO limpo6 figurado Que actúa ou se comporta sen escrúpulos, sen nobreza, mesmo prexudicando os demais. Enguedelláchesme nunha boa, es ben porco. Tamén substantivo Moitas nos ten feito ese porco. SINÓNIMOS cocho1, marrán, merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro7 Que fere o pudor ou a honestidade. Imaxes porcas. Palabras porcas. FRASES E EXPRESIÓNS CON porco Porco bravo (Sus scrofa) Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos. Viron un porco bravo no fondal do souto. SINÓNIMO xabaril Porco da ceba Porco que se ceba para sacrificar. Compraron dous porcos da ceba. SINÓNIMO ceba1 Porco espiño 1 Ourizo cacho. O porco espiño emprega as pugas como sistema de defensa. 2 (Atherurus africanus) Mamífero roedor propio das zonas de sabana e estepa africanas, que ten o corpo cuberto de longas e fortes pugas, de cor branca e negra, e que se alimenta de raíces e froitos. O porco espiño ten costumes nocturnos. Porco teixo (Meles meles) Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre e abrancazado na cabeza con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos. Anda o porco teixo no maínzo. SINÓNIMOS teixo2, teixugo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí