porto
Audio 1

porto1 substantivo masculino1 Lugar na costa ou na ribeira dun río onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Están descargando peixe no porto.2 Punto xeográfico situado nunha zona elevada de montaña ou entre montañas, por onde resulta máis doado o paso de persoas e vehículos e a construción dunha vía de comunicación. A estrada que vai polo porto está cortada por causa da neve.3 Lugar estreito dun río, con pouca auga e pouca corrente, por onde se pode atravesar. Por este porto pasaban os tratantes coas mulas de cara ao Ribeiro. SINÓNIMO vao4 Informática Interface física ou de software por medio da que se poden enviar e recibir datos. Hai tempo que nos computadores portátiles desapareceu o porto de módem. FRASES E EXPRESIÓNS CON porto Porto deportivo Instalacións feitas para o amarre de embarcacións deportivas ou de recreo. Os veleiros da regata están amarrados no porto deportivo. Porto franco Porto no que poden permanecer mercadorías de importación, libres do pagamento de taxas aduaneiras. O mercante transportaba a carga para un porto franco. Porto USB Informática Tipo de porto que utiliza o protocolo USB. O meu ordenador portátil ten catro portos USB.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!