posto, posta
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

posto (feminino: posta) participio1 Participio dos verbos poñer e pór. adxectivo2 Que vai amañado, preparado con adobíos, peiteados ou outras galas. Que posta vés hoxe! Vaiche sempre moi ben posta. SINÓNIMO composto3 Que é agradable á vista polos seus trazos ou pola proporción do seu corpo. É moi bo mozo, non o hai máis posto. SINÓNIMO feito substantivo feminino4 Acción de poñerse o Sol. Vimos unha posta de Sol preciosa. SINÓNIMOS ocaso, postura, solpor5 Acción de poñer a ave os ovos. A galiña xa empezou a posta. SINÓNIMO postura6 Cantidade de ovos que pon unha ave en certo tempo. A primeira posta foi de cinco ovos. SINÓNIMO postura7 Lugar ou zona onde os mariñeiros van pescar. Sálvora sempre foi unha boa posta. substantivo masculino8 Lugar que ocupa unha persoa ou cousa, lugar que lle corresponde. Cadaquén no seu posto. Teño o posto número 3 na lista. O primeiro posto da clasificación. SINÓNIMO posición9 Función que desempeña unha persoa para gañar a vida. Que posto tes na empresa? SINÓNIMO cargo10 Lugar onde está establecido un servizo. O posto de bombeiros. O posto da Cruz Vermella.11 Lugar de venda, polo xeral pequeno e situado na rúa ou nun mercado. Ten un posto de carne na praza. Un posto de castañas. FRASES E EXPRESIÓNS CON posto Estar posto en (unha materia) Ter moitos coñecementos ou experiencias nesa materia. Consúltallo a el, que está posto en matemáticas. Posta a punto Acción de poñer algo ou a alguén nas mellores condicións para o seu cometido. A moto necesita unha posta a punto. Posto de praia Establecemento polo xeral de carácter provisional, dedicado á venda ou servizo de comidas e bebidas nunha praia. A media tarde foron tomar unhas cervexas a un dos postos de praia. Posta en marcha Mecanismo que teñen os automóbiles para arrancar. Estragouse a posta en marcha e tivo que levar o coche ao taller. Posto que locución conxuntiva Indica causa. É un premio merecido, posto que traballou moito. SINÓNIMOS pois, porque Posto que non queres vir, queda. SINÓNIMOS como, dado que, pois que, xa que

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!