prender
Conxugar
Audio 1

prender /verbos/prender.html verbo transitivo1 Privar de mobilidade [un animal ou persoa]. Prendeu o cabalo na moreira do patio. SINÓNIMOS amarrar, atar ANTÓNIMOS ceibar, soltar CONFRÓNTESE aprehender2 Fixar [unha cousa] para que non caia ou se solte. Prende o papel no tecido cun imperdible. SINÓNIMO suxeitar ANTÓNIMOS desprender, soltar3 Coller [alguén] para encerralo no cárcere. Prendérono por roubarlle a un veciño. SINÓNIMOS apresar, deter ANTÓNIMOS ceibar, liberar, soltar CONFRÓNTESE aprehender, aprisionar4 Facer que haxa [luz ou lume] accionando un dispositivo ou utilizando un obxecto para ese fin. Prendeu o lume da cociña. Prende a luz do cuarto. SINÓNIMO acender ANTÓNIMO apagar5 Poñer lume a [unha cousa], co instrumento adecuado. Prendeu o cigarro co chisqueiro. Prende un misto. SINÓNIMO acender ANTÓNIMO apagar verbo intransitivo6 Quedar collido. Prendeume a saia nunha silva. SINÓNIMOS enganchar, enredar7 [Planta, enxerto] seguir medrando no sitio onde se plantou ou enxertou. Mira que murchárenseche os xeranios; os meus prenderon moi ben! SINÓNIMOS agarrar, aprender CONFRÓNTESE arraigar, enraizar8 propio e figurado [Cousa] fixarse en algo desenvolvéndose e transmitíndolle as súas propiedades. O lume prendeu no toxo e ardeu todo o monte. CONFRÓNTESE acenderse Prendeulle a vacina e deulle febre. O amor prendeu nos seus corazóns.9 [Leite] callar. Aínda non prendeu, vai haber que botarlle máis presoiro.10 Tatexar levemente. Tatexo non é, pero prende un pouco ao falar. FRASES E EXPRESIÓNS CON prender Estar preso (dunha parte do corpo) Estar ou quedar impedido dunha parte do corpo, cunha parte do corpo inmobilizada. Está preso do lombo. SINÓNIMO quedar preso Leite preso VÉXASE leite Prender o sono VÉXASE sono Prenderlle lume (a algo)Incendiar Prendéronlle lume a unha papeleira. SINÓNIMO plantarlle lume Prender na falaTatexar Cando se pon nervioso, prende algo na fala. Prender no sono VÉXASE sono Quedar preso (dunha parte do corpo) Estar preso. Quedei preso da columna.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!