probar
Conxugar
Audio 1

probar /verbos/probar.html verbo transitivo1 Facer patente a verdade de [unha cousa]. A ver como probas que non fuches ti. O avogado defensor logrou probar a inocencia do acusado. SINÓNIMO demostrar2 Facer os experimentos ou ensaios necesarios para comprobar o bo rendemento ou o bo funcionamento de [unha persoa ou cousa]. Están probando os prototipos. O adestrador está probando as novas fichaxes. CONFRÓNTESE ensaiar, experimentar3 Poñer [unha peza de roupa] para ver se senta ben ou se corresponde ás medidas do corpo. Gústame ese pantalón, vouno probar. Chamoume a modista para que fose probar o traxe.4 Comer ou tomar un pouco de [algo] para ver como sabe. Probe este queixo, a ver que lle parece. SINÓNIMOS catar2, degustar, saborear5 Tomar [un alimento ou bebida]. OBSERVACIÓNS: Úsase sobre todo en contextos negativos Non probei bocado desde o almorzo. verbo intransitivo6 Facer esforzos por conseguir algo. OBSERVACIÓNS: É frecuente usalo nun complexo verbal, seguido da preposición a e dun infinitivo A min non me saen as contas, proba ti. Proba a facelo con este aparello. SINÓNIMOS intentar, tentar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!