proxectar
Conxugar
Audio 1

proxectar /verbos/proxectar.html verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] saia despedido con forza. Unha máquina proxectaba os discos aos que os tiradores debían disparar. O canón proxectou o home bala por enriba do público. SINÓNIMOS despedir, lanzar2 Reproducir sobre unha pantalla por medio dun proxector [unha diapositiva, un filme etc.]. Hoxe proxectaremos unhas diapositivas sobre o Románico en Galicia.3 Enviar ou facer visible sobre unha superficie [unha imaxe, unha luz etc.]. As torres da catedral proxectan a súa sombra nos muros do convento.4 Facer un proxecto para a construción de [unha obra]. Os arquitectos proxectan edificios. CONFRÓNTESE deseñar5 Ter intención de facer [algo] e pensar en todo o necesario. Había semanas que proxectaba a viaxe. SINÓNIMO planear6 Matemáticas Trazar liñas rectas desde todos os puntos de [un corpo, unha figura] ata un plano, para representalo. Proxectaremos a esfera sobre unha folla.7 Psicoloxía Atribuír [sentimentos, intencións, estados de ánimo] propios a outro. Proxectaba as tensións na súa parella. verbo pronominal8 [Imaxe, luz etc.] facerse sobre unha superficie. A sombra das torres proxectábase nos muros.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]