queimar
Conxugar
Audio 1

queimar /verbos/queimar.html verbo transitivo1 Facer arder [algo], prenderlle lume. Queimar un papel. CONFRÓNTESE aburar Queimou os documentos que o comprometían.2 Torrar ou curtir o sol ou o aire [a pel]. O sol queimoulle a cara. Tamén verbo pronominal Quedou durmido ao sol e queimouse. SINÓNIMO pelarse3 Secar o sol ou o frío excesivo [unha planta ou a vexetación]. A xeada queimou as patacas.4 Provocar unha queimadura en [unha parte do corpo] algo que está moi quente. Queimei un dedo sen querer con auga fervendo. Tamén verbo pronominal Hóubose queimar.5 Romper os fíos ou filamentos de [un fusible, unha lámpada etc.] por exceso de corrente. Comprobou se o aumento de corrente queimara os fusibles.6 Ferir ou causar dano a [algo ou alguén] unha substancia corrosiva ou mediante ela. A lixivia queima a roupa. Queimouno con ácido. Tamén absoluto Ten conta, que o ácido queima.7 Estragar [unha comida] por estar demasiado tempo ao lume ou por telo moi intenso. Queimaches a comida, eh? Pois agora saca as latas de conserva.8 Gastar sen proveito [diñeiro ou bens]. Queimou os cartos todos en pouco tempo. Queimou a fortuna que herdara. SINÓNIMOS desbaratar, dilapidar, disipar, malgastar9 Levar [algo ou alguén] a unha situación límite. Na última parte da carreira queimou o rival. Queimou as enerxías.10 Producir sensación de ardor ou proído a [algo ou alguén] unha cousa picante ou forte. Os pementos queimáronlle a lingua. Tamén absoluto Ten conta, que o alcohol, sobre a ferida, queima. verbo intransitivo11 [Algo] despedir moita calor. Pon unha gorra, que este sol queima. CONFRÓNTESE picar Non podo tomar este café, que queima. SINÓNIMO pelar12 [Comida, bebida] producir sensación de queimuras na boca. Estes pementos son dos que queiman. SINÓNIMO picar verbo pronominal13 [Algo] quedar destruído ou en mal estado pola acción do lume, a calor etc. A calor foi aumentando e queimouse o plástico. CONFRÓNTESE arder Queimáronselle as lentellas.14 [Fusible, lámpada etc.] quedar cos fíos ou filamentos rompidos por exceso de corrente. Se a lámpada non acende será que se queimou.15 [Planta, vexetación] secar debido á acción do sol ou do frío excesivo. As patacas queimáronse coa xeada.16 [Alguén, algo] ferirse ou estragarse mediante unha substancia corrosiva. Queimouse con ácido.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!