quen
Audio 1

quen relativo1 Forma invariable aplicada a persoas, que introduce unha cláusula subordinada na que pode desempeñar a función de suxeito ou de calquera complemento, referíndose a un elemento ou a un grupo sintáctico anterior (o antecedente). Topei na rúa a teu cuñado, quen me contou o que che pasara. Ese é o rapaz de quen che falei. Foi el quen mo dixo. interrogativo e exclamativo2 Forma invariable referida a persoas que se usa para introducir interrogacións directas ou indirectas, ou enunciados exclamativos, podendo desempeñar a función de suxeito ou a de calquera complemento. Quen me axuda? Dime con quen falabas. Quen puidera namorala! indefinido3 Forma invariable que equivale a ‘aquel que’, ‘o que’, ‘alguén que’, e pode funcionar como suxeito ou complemento en oracións que son, á súa vez, un elemento doutra máis ampla. Que interveña quen teña algo que dicir. Fala con quen te poida axudar. Quen non sabe é coma quen non ve. OBSERVACIÓNS: Aínda que quen non admite nunca plural, ás veces o verbo que o segue si pode ir en plural, sobre todo o verbo ser Quen son eses que chaman á porta? FRASES E EXPRESIÓNS CON quen Así coma quen De mentira, de broma, non en serio, aplicado a algo que se di. Non lle fagas caso que cho dixo así coma quen. Facer coma quen que Finxir ou facer que se fai aquilo que se expresa. Fixo coma quen que lle gustara o regalo. Fai coma quen que traballa. Quen me (che, lle, nos, vos, lles) dera! Expresa o desexo vivo de ter ou de que suceda a cousa que se expresa. Quen me dera poder facelo! Quen me dera unha casa coma esa! Quen sabe! Expresa dúbida ou posibilidade. -Virás mañá? -Quen sabe! CONFRÓNTESE quizais, se cadra Ser quen a (facer unha cousa) Ser capaz, atreverse. Non foi quen a facelo. SINÓNIMO ser quen de Ser quen de Ser quen a. A ver se es quen de pillarme.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!