quenlla
Audio 1

quenlla1 Para todas as acepcións SINÓNIMO calexa substantivo feminino1 Gabia para conducir a auga. Unha quenlla levaba a auga do río ao muíño. SINÓNIMOS cal2, caldeira2, canle CONFRÓNTESE canal, cano12 Pequena canle de madeira, nun muíño de auga, por onde cae o gran desde a moega á moa, e da que se pode graduar a inclinación por medio dun cordel para que pase máis ou menos cantidade de gran. Aquel ano de fame, a quenlla do muíño pouco gran carrexou. SINÓNIMOS adella, cangalleira1, causela3 Val estreito e fondo utilizado xeralmente como lugar de paso entre montañas. As bestas subían pola quenlla con dificultade. SINÓNIMOS canella, canellón

quenlla
Audio 1

quenlla2 Para todas as acepcións Forma menos recomendable: quella2 substantivo feminino1 Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo fusiforme, boca ventral, arqueada e provista de varias filas de dentes cortantes, do que existen distintas familias e arredor de trescentas especies, algunhas delas de gran tamaño. Unha quenlla de nove metros. SINÓNIMO tiburón2 (Prionace glauca) Peixe da subclase dos elasmobranquios que pode acadar entre tres ou catro metros de lonxitude, con dentes triangulares, cor azul escura no dorso e branca na rexión ventral e que ten costumes nocturnos. Nas costas galegas, a quenlla péscase con palangre.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!