quentar
Conxugar
Audio 1

quentar /verbos/quentar.html verbo transitivo1 Facer que [algo] aumente de temperatura. Non quentes moito a auga. Antes de ir para a cama, hai que quentar o cuarto. SINÓNIMO caldear Quenta os pés á beira do lume. ANTÓNIMO arrefriar2 figurado Facer máis vivo [o ánimo ou o xenio]. A súa intervención quentou os ánimos do público. SINÓNIMOS acender, caldear3 figurado Excitar ou exaltar [alguén]. Déixao tranquilo, non o quentes coas túas parvadas.4 popular Dar unha malleira a [alguén]. A ti voute quentar eu, como non fagas caso.5 Excitar sexualmente. Quentábao con xestos provocativos.6 Realizar exercicios físicos para desentumecer [os músculos] antes de comezar outro exercicio máis forte. Non te botes a correr sen quentar os músculos antes. Tamén absoluto Saíron dous xogadores quentar á banda. verbo intransitivo7 Despedir calor. Como quenta o sol! verbo pronominal8 Aumentar de temperatura. Coa calor, o viño quéntase enseguida. SINÓNIMO quecer9 figurado [Ánimo, xenio] facerse máis vivo. Despois do gol, quentáronse os ánimos dos espectadores. SINÓNIMOS acenderse, caldearse10 figurado Excitarse ou exaltarse. Como me quente non respondo dos meus actos.11 vulgar Excitarse sexualmente. Quentábase observándoos. FRASES E EXPRESIÓNS CON quentar Quentar (alguén) a cabeza Pensar moito, matinar en exceso. Non quentes tanto a cabeza e ven dar unha volta. Quentarlle a cabeza (a alguén) 1 Molestalo, tolealo, sobre todo coa conversación ou con peticións. Non che digo máis nada: deixa de quentarme a cabeza. 2 Dicirlle cousas que o preocupen. Anda quentándolle a cabeza con chismes sobre a muller. 3 Facer concibir ilusións vas. Quentoulle a cabeza coa viaxe e logo non o levou.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!