querer
Conxugar
Audio 1

querer /verbos/querer.html verbo transitivo1 Ter gana, vontade ou intención de [facer ou obter unha cousa]. Quere facer un bo papel. Quere un andel novo para o estudo. Quero xantar antes das dúas para saír cedo. Hai tempo que quere ir a Inglaterra. SINÓNIMO desexar OBSERVACIÓNS: Este verbo pode adquirir moitos matices de sentido; así, o de mandato Quero que o traballo quede rematado hoxe. OBSERVACIÓNS: Tamén se utiliza para pedir unha cantidade por algún produto ou servizo e como fórmula de cortesía en imperfecto e futuro do pretérito Canto queres pola bicicleta? Quería unha caixa de cervexas. Querería indicarme por onde se vai á Alameda?2 figurado Ter unha cousa a necesidade de [algo] para a súa realización, perfección etc. Eses zapatos queren medias finas. A ocasión quere unhas copas. SINÓNIMOS pedir, requirir Estas alfombras son moi delicadas, queren moito coidado. SINÓNIMOS demandar, necesitar, pedir, precisar, requirir3 Ter pretensións de. Quere ser unha muller e non é máis ca unha nena. SINÓNIMO pretender4 Ter cariño ou amor a [alguén]. Quérea e vai casar con ela. SINÓNIMO amar ANTÓNIMO odiar verbo intransitivo5 Ter cariño a alguén. Quérelle coma se fose fillo seu. O seu afillado quérelle moito.6 [Algo, especialmente fenómeno meteorolóxico] haber indicios de que vai ocorrer ou empezar a ocorrer de maneira que case non se percibe. Parece que quere chover. CONFRÓNTESE ir OBSERVACIÓNS: Nesta acepción, emprégase só coa terceira persoa do singular substantivo masculino7 Cariño ou amor, sobre todo no sentido erótico. Ultimamente non come nin fala con ninguén: cousas do querer.8 Persoa amada. Ti es o meu querer. FRASES E EXPRESIÓNS CON querer Queiras que non 1 Á forza. Virás, queiras que non. 2 Aínda que pareza ou se pretenda outra cousa. Queiras que non, iso ten que custar cartos. QuerendoIntencionadamente Perdoa, non che dei querendo. Querer ben (a alguén) Querelo, ter bos sentimentos cara a el. Quérelles ben a todos os netos, pero aos da casa máis. Querer dicirSignificar Que quere dicir esa palabra? Querer mal (a alguén) Ter malos sentimentos cara a el. Non hai un veciño que lle queira mal a Brais. Sen querer Involuntariamente, sen intención. Desculpe, piseino sen querer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!