quitar
Conxugar
Audio 1

quitar /verbos/quitar.html Para todas as acepcións SINÓNIMO sacar verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] deixe de estar co que estaba ou con quen estaba, sobre o que estaba etc. Quita as bonecas de enriba da cama. SINÓNIMOS retirar, tirar CONFRÓNTESE apartar Quitouno das malas compañías. SINÓNIMOS afastar, apartar, arredar, tirar Quitar os zapatos. Quitar o xersei. SINÓNIMO tirar ANTÓNIMO poñer Quitou os cartos do peto.2 Separar ou extraer [unha cousa] daqueloutra da que forma parte. Quitan aceite das olivas. SINÓNIMOS obter, tirar Quitar a monda á laranxa. Quitar unha moa. Quitou varias citas da Biblia.3 Levar [algo ou alguén] para fóra dun lugar pechado. Quitar o can de paseo. Non hai quen o quite da casa.4 Deixar a alguén sen [certa cousa ou persoa] contra a súa vontade, facer que alguén deixe de ter [algo]. Cando ía cruzar quitáronlle o bolso. SINÓNIMOS roubar, tirar Pediu a separación e quitáronlle a custodia do neno. Non lle quites a ilusión de facer a viaxe. Quitoulle todo canto tiña. Quitáronlle o carné de conducir.5 Facer que [unha cousa] desapareza ou deixe de estar onde estaba. Quitar o po dos mobles. Mercou un produto que quita as manchas de graxa. SINÓNIMOS eliminar, tirar6 Facer o necesario para obter [o que se expresa]. Quitar o carné de conducir. Quitar unha fotocopia. SINÓNIMO tirar7 Negar a posibilidade ou o permiso. Quen es ti para me quitar de ir con el? CONFRÓNTESE privar, prohibir8 Obter, conseguir. Quitaron a maioría absoluta. Quitar beneficios. SINÓNIMO tirar9 Facer que [alguén] saia dunha determinada situación, condición, lugar etc. Quitouno daquel compromiso moi habilmente. SINÓNIMO librar Quitárono adiante os compañeiros.10 figurado Obter de alguén [unha información] con certa astucia. Non hai quen lle quite unha palabra do asunto.11 Obter a solución correcta de [algo]. Non fun quen de quitar o problema. SINÓNIMO resolver12 Ter sobre alguén a vantaxe de. Quítalle cinco centímetros de altura. O primeiro clasificado quitoulle dous puntos.13 Adquirir [un billete, entrada etc.]. Xa quitou as entradas para o cine.14 Producir, imitar, inventar. Quitaron un novo modelo de coche. Quitou un bordado da revista.15 Soltar [unha porción de tecido] a unha peza de vestir, desprazando as costuras. Quitoulle un par de centímetros de cada lado. Tamén absoluto Hai que quitarlle á saia, que me queda moi apertada.16 Deporte Poñer en movemento [o balón ou a pelota] para iniciar ou continuar o xogo. O tenista alemán quita a pelota con moita forza. Tamén absoluto O encargado de quitar foi o porteiro. CONFRÓNTESE tirar17 Constituír un obstáculo para [algo]. Unha cousa non quita a outra. verbo intransitivo18 Ser obstáculo para algo. Toda esa historia non quita para que chegues á túa hora.19 Cambiar de posición. Quita de aí! CONFRÓNTESE apartar verbo pronominal20 Abandonar certo modo de vida, en particular un vicio. Quitouse de fumar.21 [Mancha] deixar de ser visible ao lavala. As manchas de froita non se quitan. SINÓNIMOS arriar, dar, desaparecer, irse, sacarse, saír22 Cambiar de posición. Quítateme de diante! CONFRÓNTESE apartarse FRASES E EXPRESIÓNS CON quitar Quita de aí 1 Expresión coa que se rexeita algo que alguén di ou fai. Non sabes o que dis, anda, quita de aí. 2 Expresión que indica incredulidade. Que lle había tocar a lotaría! Quita de aí! Quitar a bailar Convidar a bailar. Non a quitou a bailar en toda a festa. Quitar a cara por (alguén)Defendelo Non quites a cara por el, que non cho vai agradecer. Quitar adiante 1Criar Quitou adiante os fillos con moito traballo. 2 Levar a bo termo. Quitou adiante o negocio. Quitar (algo) da boca (a alguén) VÉXASE boca Quitar do medio 1 Facer que [algo ou alguén] deixe de supoñer un problema ou estorbo. Ofreceulle unha compensación para quitalo do medio. SINÓNIMO sacar do medio 2Matar O atracador quitou do medio o seu cómplice por medo a que o delatase. SINÓNIMO sacar do medio Quitar o pelello (a alguén)Difamar Antes eran moi amigos e agora dedícase a quitarlle o pelello. Quitar unha foto Fotografar, retratar. Quitou moitas fotos durante a viaxe. Quitar un peso de encima Librar de algo penoso ou desagradable. Se me axudas a pagar as débedas xa me quitas un peso de encima. SINÓNIMO quitar un peso de enriba Quitar un peso de enriba Quitar un peso de encima. Fíxose cargo dunha parte do traballo e quitounos un peso de enriba. Quitar tallada VÉXASE tallada Ser de quita e pon 1 Ser de tal xeito que se pode quitar e poñer facilmente. Gústanlle máis as tatuaxes de quita e pon ca as permanente. 2 figurado Expresión que se aplica ironicamente á persoa coa que se ten unha relación tal que se recorre a ela ou non segundo conveña. Un noivo de quita e pon.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí