raíz
Audio 1

raíz substantivo feminino1 Botánica Parte das plantas por onde estas se nutren que polo xeral está situada baixo terra e serve tamén para que a planta se sosteña en pé. A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar.2 Anatomía Parte de certos órganos do corpo que está implantada nun tecido. A raíz dun dente, dun cabelo.3 figurado Aquilo que produce ou do que provén algo. A raíz dun mal. SINÓNIMOS causa, orixe4 Matemáticas Número que multiplicado por si mesmo unha ou máis veces dá como resultado outro número. Dous é a raíz cadrada de catro. Raíz cúbica.5 Gramática Parte da palabra que permanece despois de eliminar prefixos e sufixos. A raíz do verbo haber cambia no pretérito. SINÓNIMOS base, radical6 Dereito Propiedade inmoble. Vendeu unha parte das raíces que posuía. SINÓNIMO bens raíces OBSERVACIÓNS: Utilízase sobre todo en plural FRASES E EXPRESIÓNS CON raíz Bens raíces Raíz (acepción 6). Adquisición de bens raíces. De raíz Radicalmente, na súa orixe. Atacar un mal de raíz. Raíz cadrada Matemáticas Cifra que ha de multiplicarse por si mesma unha vez para obter un número determinado. A raíz cadrada de dezaseis é catro. Raíz cúbica Matemáticas Cifra que ha de multiplicarse por si mesma dúas veces para obter un número determinado. A raíz cúbica de vinte e sete é tres.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!