radical
Audio 1

radical adxectivo1 Relativo ou pertencente á raíz. Observamos a zona radical da planta ao microscopio.2 figurado Que se produce de maneira completa. Un xiro radical na súa conduta.3 Totalmente eficaz. Un remedio radical.4 Política Partidario de medidas ou de métodos extremos. Política, partido radical. Tamén substantivo Os radicais.5 Botánica Que nace directamente da raíz. Follas radicais. substantivo masculino6 Gramática Parte dunha palabra que permanece despois de eliminar prefixos e sufixos. O radical do verbo amar é am-. SINÓNIMOS base, raíz7 Química Grupo de átomos con carácter propio que nas reaccións químicas que afectan o resto da molécula conserva íntegra a súa estrutura e composición e mantén a súa identidade nunha nova molécula. Os radicais libres son estables.8 Matemáticas Signo (√ ) con que se indica a operación de extraer raíces. O radicando colócase baixo o radical.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!