rato
Audio 1

rato1 substantivo masculino1 Pequeno roedor da familia dos múridos, de cor gris ou parda e rabo delgado e longo, do que existen diversas especies, algunhas delas propias das casas e outras do campo. Os ratos roéronlle o saco para comer a fariña.2 Informática Dispositivo manual que permite localizar na pantalla un punto e actuar sobre el e que se manexa desprazándoo sobre unha superficie plana ou ben pode estar incorporado ao teclado. Mercou un rato sen fíos para o ordenador portátil.3 (Scomberesox saurus) Peixe da subclase dos acantopterixios duns corenta e cinco centímetros, corpo alongado, mandíbulas aguzadas, a superior máis curta ca a inferior, falsas aletas detrás da caudal e da anal, e cor azulada polo dorso e prateada polos flancos e o ventre. Os alumnos souberon recoñecer peixes como o rato, a maragota ou a pescada. SINÓNIMOS alcrique, alpabarda, chandarme, pataguillón

rato
Audio 1

rato2 adxectivo masculino [Matrimonio legal] que non se consumou. Un matrimonio rato.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!