razón
Audio 1

razón substantivo feminino1 Facultade de pensar e xulgar. A razón é algo exclusivo do ser humano. SINÓNIMOS entendemento, intelecto, intelixencia, pensamento, raciocinio, xuízo2 Verdade, acerto no que se di ou pensa. Tiñas razón, esta casa é agradable.3 Bo xuízo, aptitude para xulgar e obrar de maneira correcta. Perdeu a razón. SINÓNIMOS entendemento, xuízo4 Cousa que determina a existencia de algo, ou que algo sexa feito dunha determinada maneira. Non hai razón para sentir medo. Pegoulle ao neno sen razón. SINÓNIMOS causa, motivo Non entendo a razón do que ocorreu. SINÓNIMO porqué Dáme unha razón de por que fixeches iso. SINÓNIMO explicación5Información Alúgase esta vivenda, razón aquí.6 Aquilo que se comunica ou do que se informa a alguén para que o transmita a outro. Mandoulle razón á súa filla e veu decontado. Teño que che dar unha razón da túa cuñada. SINÓNIMO recado7 Matemáticas Cociente entre dúas cantidades. Razón directa. Razón inversa. FRASES E EXPRESIÓNS CON razón Dar razón deExplicar Non soubo dar razón do que pasou na asemblea. Razón social Nome oficial dunha empresa. Indique no impreso o nome ou razón social.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!