rebolo
Audio 1

rebolo substantivo masculino1 (Quercus robur) Árbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo. Están decotando os rebolos da beira do camiño. SINÓNIMO carballo2 Árbore doutras especies pertencentes ao xénero Quercus. Cortaron os rebolos da fraga. SINÓNIMO carballo3 Madeira desta árbore, moi dura e resistente. Unha aixada feita de rebolo. SINÓNIMO carballo4 Tronco de árbore que só se aproveita para leña. Picou un rebolo en rachas para queimar.5 Pedra ou pau curto que se lanza ás pólas dunha árbore para tirarlle a froita ou que se lanza contra algo ou alguén nun momento de enfado. Varean os ourizos do castiñeiro con rebolos. Como me sigas amolando vouche guindar un rebolo.6 Pau, xeralmente curto e cilíndrico que se usa para rasar medidas, quitando o cugulo. Pasoulle o rebolo á tega. SINÓNIMOS rapa, rapadoira, rapón, rebola7 figurado Persoa grosa e polo xeral baixa. Estás feito un rebolo. SINÓNIMOS cazapo, codrolo, redrollo, tapón, tapuzo FRASES E EXPRESIÓNS CON rebolo A rebolos locución adverbial Xirando sobre si mesmo. Botouse a rebolos polo prado abaixo. SINÓNIMOS a rolos, de rebolos De rebolos locución adverbial A rebolos. Enfadouse con el e tiroulle o bastón de rebolos. Rebolo albariño (Quercus petraea) Árbore da familia das fagáceas, moi parecida ao carballo común (Quercus robur) pero algo menos robusta ca el, que florece por abril ou maio e que ten landras que madurecen a finais de setembro ou outubro. O rebolo albariño prefire solos pouco fondos, areentos e non moi ricos. Rebolo cerqueiro Carballo cerqueiro. O rebolo cerqueiro adoita presentar unha madeira deformable, de peor calidade ca a doutros carballos, con toros menos grosos e máis irregulares. Rebolo negral Carballo cerqueiro. O rebolo negral é máis miúdo e rústico ca o carballo común e o carballo albariño.Voz actualizada 2018-04-27 11:46:23 Engadíronse as acepcións 1, 2 e 3 e tamén as denominacións "rebolo albariño", "rebolo cerqueiro" e "rebolo negral"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!