recordar
Conxugar
Audio 1

recordar /verbos/recordar.html verbo transitivo1 Conservar na memoria [unha cousa]. Recorda moitas anécdotas da infancia. SINÓNIMOS acordar, lembrar2 Volver ter na memoria [unha cousa]. Baixaba polas escaleiras cando recordei onde deixara as chaves. SINÓNIMOS acordar, lembrar ANTÓNIMO esquecer3 Dicir a alguén [certa cousa] para que non a esqueza ou para que a saiba. Recórdalle que nos ten que chamar por teléfono. No seu relatorio recordou unhas pasaxes de Rosalía. SINÓNIMO lembrar CONFRÓNTESE acordar4 Facer pensar en [unha cousa determinada xa pasada]. Esta situación recórdame outros tempos. SINÓNIMOS evocar, lembrar CONFRÓNTESE rememorar5 Manter vivo o recordo de [algo ou alguén]. No centro da praza erixiron un busto que recorda a figura do ilustre avogado. verbo intransitivo6 Deixar de estar durmido. Cando recordou xa pasaba das cinco. SINÓNIMOS acordar, espertar verbo pronominal7(recordar de) Conservar na memoria. Recórdase de cando estivo na guerra de Marrocos. SINÓNIMOS acordarse, lembrarse8(recordar de) Volver ter na memoria. Ai!, non me recordei do que mandaches. SINÓNIMOS acordarse, lembrarse, ANTÓNIMO esquecerse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!