recuperar
Conxugar
Audio 1

recuperar /verbos/recuperar.html verbo transitivo1 Volver ter [algo que se perdera]. Recuperaron os cartos que lles roubaran. A saúde perdida é difícil de recuperar. SINÓNIMO recobrar2 Volver pór en servizo ou en condicións de ser utilizada [unha cousa estragada]. Co plan de reciclaxe preténdese recuperar gran parte do vidro recollido.3 Compensar [o tempo que se perdera nunha actividade] dedicándolle con posterioridade máis tempo ou máis esforzo do habitual. Debe recuperar as horas perdidas a causa da enfermidade. Na pista de terra recuperou os segundos perdidos no asfalto.4 Aprobar [unha materia que se suspendeu nunha convocatoria anterior]. Espero recuperar as matemáticas en setembro. verbo pronominal5 [Persoa, cousa] volver ao seu estado de normalidade despois de sufrir unha situación desfavorable ou prexudicial. Recupérase lentamente da operación. SINÓNIMOS recobrarse, repoñerse, reporse, restabelecerse, restablecerse, CONFRÓNTESE convalecer Dificilmente se recuperará das perdas económicas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!