relación
Audio 1

relación substantivo feminino1 Aquilo que liga dous ou máis elementos entre si, que fai que dous ou máis elementos teñan algo que ver entre si. Unha relación de semellanza. A túa resposta non ten relación co que se che pregunta.2 Nó, elo que fai que dúas ou máis persoas ou entidades dependan unhas doutras, teñan influencias mutuas ou se traten con frecuencia. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción emprégase sobre todo en plural As nosas relacións de amizade nunca foron mellores. Ter relacións sexuais. Relacións comerciais entre dous países.3 Narración de algo que ocorreu. Fixo unha relación do sucedido durante o atraco.4 Serie de palabras, nomes ou signos escritos un detrás doutro. Pasoume a relación de temas que imos tratar. SINÓNIMOS lista, listaxe FRASES E EXPRESIÓNS CON relación Con relación a locución preposicional 1 En comparación con. É o máis alto con relación aos compañeiros. SINÓNIMO en relación con 2 No que concirne a. As declaracións do candidato van na liña do que defendeu sempre en relación con esa cuestión. SINÓNIMOS acerca de, a respecto de, con respecto a, en relación con, respecto a, respecto de, sobre1, verbo de En relación con locución preposicional 1 En comparación con. O meu resultou caro en relación co que che custou o teu. SINÓNIMO con relación a 2 No que concirne a. En relación con ese tema, non volvo dicir nada máis. SINÓNIMOS acerca de, a respecto de, con relación a, con respecto a, respecto a, respecto de, sobre1, verbo de

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!