rematar
Conxugar
Audio 1

rematar /verbos/rematar.html verbo transitivo1 Dar fin a [algo que se estaba realizando]. Rematou a súa carreira delituosa cun crime. Rematou o exame co tempo xusto para asinar e entregalo. SINÓNIMOS acabar, concluír, finalizar, terminar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciar, principiar2 Dar fin á vida de [un animal ou persoa que está agonizando]. Rematou o cabalo para que non sufrise.3 Facer ou poñer un remate en [un tecido, peza de roupa, moble, edificio...]. Rematou o pano cun vivo azul.4 Deixar ben suxeitos e recortados os fíos de [unha costura ou unha peza de roupa]. Xa lle pasei os pespuntos á saia, só me falta rematala. Tamén absoluto Remata para a fábrica de xerseis. verbo intransitivo5 Chegar á fin, non ter continuación. O inverno non dá rematado. O ciclo de conferencias remata hoxe. SINÓNIMOS acabar, concluír, finalizar, terminar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciarse, principiar6 Ter como parte final ou extremo a forma daquilo que se expresa. O pararraios remata en punta. SINÓNIMOS acabar, terminar7 Deporte Tirar directamente á portaría o balón que se recibe doutro xogador. Rematou desde fóra da área. Rematou de cabeza. FRASES E EXPRESIÓNS CON rematar Rematar de + inf Indica que a acción ou proceso que expresa o infinitivo se completou. Aínda non rematei de facelo. SINÓNIMOS acabar de + inf, terminar de + inf, ANTÓNIMOS comezar a + inf, empezar a + inf, poñerse a + inf

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!