remexer
Conxugar
Audio 1

remexer /verbos/remexer.html verbo transitivo1 Dar voltas a [algo], polo xeral dentro dun recipiente. Remexe a comida na ola. Bótaselle sal, leite e reméxese todo. Remexe un pouco a sopa para que arrefríe. SINÓNIMOS mexer, remover, revolver2 Revolver [cousas] deixándoas desordenadas. Non me remexas as fichas. Quen remexeu os meus papeis? SINÓNIMOS atrapallar, chafallar, chafullar, desamañar, desordenar, mexer, remover, revolver, zarapallar verbo intransitivo3(remexer en) Poñer ou meter as mans nalgunha cousa producindo algún tipo de alteración. Non lle remexas no bolso, que iso non é teu. Remexendo no vello baúl atopou uns documentos comprometedores. SINÓNIMOS fedellar, fochicar, fozar, furgar, mexer, revolver4 figurado Facer investigacións sobre un asunto co fin de descubrir algo que está oculto. Despois de remexer tanto non conseguiu esclarecer nada. SINÓNIMOS remover, revolver5 figurado Volver sobre un asunto ao que se lle puxo fin ou do que xa non se debería falar. Non sei para que remexes máis, deixa estar as cousas como están. verbo pronominal6 Poder moverse dun lado para outro. OBSERVACIÓNS: Emprégase sobre todo en frases negativas para indicar a falta de espazo Nesta oficina tan pequena non se remexe un. SINÓNIMOS mexerse, revolverse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!