reparar
Conxugar
Audio 1

reparar /verbos/reparar.html verbo transitivo1 Devolver ao bo estado [algo que estaba deteriorado ou avariado]. Avisa o técnico para que repare o ascensor. SINÓNIMOS recompoñer, recompor Xa repararon a avaría. SINÓNIMOS amañar, arranxar, gobernar ANTÓNIMOS avariar, desamañar, desgobernar OBSERVACIÓNS: Como se ve, o obxecto directo pode ser a cousa en mal estado ou a deterioración en si2 Realizar unha acción tal que diminúa ou faga desaparecer os efectos daniños, negativos ou prexudiciais de [outra]. Tes que reparar a túa falta comprándolle un reloxo novo. SINÓNIMO emendar CONFRÓNTESE indemnizar3 Restablecer [a forza, o ánimo etc.]. Tomou un refrixerio para reparar as forzas. verbo intransitivo4(reparar en) Darse conta de. Reparaches en como nos estaban observando disimuladamente? SINÓNIMO fixarse, CONFRÓNTESE observar Reparou en que efectivamente aquel día chegara tarde á casa. CONFRÓNTESE advertir, apercibirse, decatarse5 Pararse a considerar algo á hora de facer unha acción. OBSERVACIÓNS: Pode utilizarse seguido da preposición en Cando convida, desde logo non repara en gastos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!