representar
Conxugar
Audio 1

representar /verbos/representar.html verbo transitivo1 Ser un debuxo, escultura etc., a imaxe material ou gráfica de [alguén ou algo real ou abstracto]. O decorado representa unha sala dun pazo. SINÓNIMO reproducir O cadro representa a primavera. SINÓNIMO simbolizar2 Reproducir nun debuxo, escultura etc. [unha persoa ou unha cousa material ou abstracta]. Picasso representa no “Guernica” o horror da guerra. CONFRÓNTESE evocar3 Ser o símbolo de [unha cousa abstracta]. A pomba branca co ramallo de oliveira representa a paz. SINÓNIMO simbolizar4 Actuar ou obrar en nome de [unha persoa ou entidade], ocupar o seu lugar. Representa unha casa de discos.5 Ser, polas súas características e calidades, o mellor exemplo ou exemplar de [algo]. É o pintor que mellor representa as novas tendencias. CONFRÓNTESE encarnar, personificar6 Pór en escena [unha obra de teatro]. Están representando unha obra de Cunqueiro.7 Interpretar [un papel nunha obra]. Representou moi ben o seu papel de vello namorado.8 Levar aparellado, ir acompañado dun xeito inevitable de [certa cousa]. Aceptar ese cargo representará varios anos de sacrificio. SINÓNIMOS comportar, entrañar, implicar, significar, supoñer, supor9 Ter máis ou menos importancia para alguén. Conseguir un contrato de traballo representa moito para min. SINÓNIMOS significar, supoñer10 Indicar exteriormente polo aspecto físico [unha idade]. Non representa os anos que ten. SINÓNIMO aparentar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!