revolver
Conxugar
Audio 1

revolver /verbos/revolver.html verbo transitivo1 Dar voltas en distintas direccións a [algo, polo xeral dentro dun recipiente], de maneira continua, de xeito que os seus compoñentes se mesturen ou cambien de posición. Bótalle auga á pintura e revólvea ben. Revolve o guiso para que non se pegue. SINÓNIMOS mexer, remexer, remover2 Cambiar de sitio [cousas que están en orde] deixándoas desordenadas. Non me revolvas os papeis. OBSERVACIÓNS: Pódese utilizar seguido da preposición en Enfadouse con eles por lle revolveren nas súas cousas. SINÓNIMOS mexer, remexer3 Facer sentir malestar, especialmente no estómago. Ese anaco de torta estaba moi doce e revolveume o estómago. verbo intransitivo4 figurado Facer investigacións sobre un asunto. Revolveu e revolveu ata dar cos culpables. SINÓNIMO remexer verbo pronominal5 Dar a volta ou dar media volta quedando de cara a algo ou a alguén. Revolveuse e deulle unha labazada. SINÓNIMOS virarse, volverse, xirarse6 Poder moverse dun lado para outro. OBSERVACIÓNS: Emprégase sobre todo en frases negativas para indicar a falta de espazo Teño que recoller a cociña porque así non me revolvo. SINÓNIMO remexer7 [Tempo] volverse inestable. Pola tarde revolveuse o tempo e ao final choveu.8 Sentir malestar, especialmente no estómago. Non lle sentou ben a comida e revolvéuselle o estómago.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!