risa
Audio 1

risa substantivo feminino1 Acción de rir, especialmente a súa manifestación sonora. Oíuse unha risa durante a clase. CONFRÓNTESE gargallada, risada Non puido aguantar a risa. As súas bromas provocábannos a risa. SINÓNIMO riso FRASES E EXPRESIÓNS CON risa Chorar de risa VÉXASE chorar Escachar coa risa Rir moito, ás gargalladas. Contounos un chiste e escachamos coa risa. SINÓNIMOS escachar de risa, escangallarse coa risa, escangallarse de risa, escarallarse coa risa, escarallarse de risa, esmendrellarse coa risa, esmendrellarse de risa, partirse de risa, rebentar coa risa Escachar de risa Escachar coa risa. O público do cine escachaba de risa con algunhas escenas da película. Escangallarse coa risa Escachar coa risa. É unha rapaza tan chistosa que te escangallas coa risa estando con ela. Escangallarse de risa Escachar coa risa. O conto está ben, pero non é como para escangallarse de risa. Escarallarse coa risa vulgar Escachar coa risa. Escaralláronse coa risa con aquel conto. Escarallarse de risa vulgar Escachar coa risa. Ía vestido dun xeito tan ridículo que se o ves escaralláraste de risa. Esmendrellarse coa risa Escachar coa risa. Esmendrellábase coa risa lendo o libro. Esmendrellarse de risa Escachar coa risa. Contaba unhas historias que eran para esmendrellarse de risa. Partirse de risa Escachar coa risa. Os nenos partíanse de risa cos pallasos. Rebentar coa risa Escachar coa risa. Manuel non deixaba de dicir disparates e os compañeiros rebentaban coa risa. Morrer de risa (unha cousa) Estar abandonada, sen que ninguén faga uso dela. Compra os zapatos, pero despois non os teñas aí morrendo de risa. Risa sardónica 1 Medicina Contracción espasmódica dos músculos da cara de forma que simula un sorriso. O tétano pode provocar risa sardónica. 2 Risa sarcástica ou irónica que non reflicte alegría. Aquela risa sardónica era unha mostra do seu cinismo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!