rolo
Audio 1

rolo1 substantivo masculino1 Acción e efecto de rodar ou arrolar. As pedras baixaban dando rolos ata a beira do río.2 Peza de forma cilíndrica. Usaban un pequeno rolo feito de xade para a masaxe facial.3 Cilindro de papel, tecido ou outro material flexible enrolado ao redor dun eixe. Rolo de papel de cociña. Rolo de tecido.4 Cilindro de material plástico, lixeiro e oco, usado para enrolar unha madeixa de cabelo. Nos salóns de peiteado empregan rolos para rizar o cabelo. SINÓNIMO rolete5 Película enrolada en forma cilíndrica, usada en fotografía ou en cinematografía. Gastou no día catro rolos de fotos. SINÓNIMO carrete O filme viña en tres rolos. SINÓNIMO bobina6 Cilindro utilizado como utensilio de cociña, xeralmente de madeira cunha agarradoira en cada extremidade, usado para estender a masa. Convén enfariñar o rolo antes de estender a masa.7 Cilindro provisto dun cabo, que se usa para pintar superficies planas. Molla un pouco máis o rolo na pintura, se non queres ter que darlle outra man. SINÓNIMO rolete8 Cilindro, de pedra, ferro ou outro material pesado, que serve para calcar un terreo ou un pavimento. Despois de botar a semente, pasóuselle o rolo á terra.9 Imprenta Cilindro con que se estende a tinta no proceso de impresión. Nas imprentas empréganse grandes rolos para impregnar de tinta os tipos. SINÓNIMO rolete10 Preparación culinaria presentada en forma de cilindro. Rolo de carne picada. FRASES E EXPRESIÓNS CON rolo A rolos locución adverbial Dando voltas sobre si mesmo, a tombos. Botouse a rolos polo campo abaixo. SINÓNIMOS a rebolos, de rebolos

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!