roubar
Conxugar
Audio 1

roubar /verbos/roubar.html verbo transitivo1 Coller [unha cousa que lle pertence a outra persoa] mediante engano ou violencia. Non levo moitos cartos no peto porque teño medo de que mos rouben. SINÓNIMOS levar, quitar, sacar CONFRÓNTESE furtar Roubou cerca de cinco millóns. CONFRÓNTESE apropiarse, desfalcar Roubáronlle todo canto tiña. CONFRÓNTESE despoxar, desvalixar, espoliar Roubáronlle a maleta na estación do tren. CONFRÓNTESE subtraer Tamén absoluto Metérono na cadea por roubar.2 Deixar [alguén] sen algo da súa propiedade mediante engano ou violencia. Roubáronte por seres descoidado.3 Apropiarse de [algo, non material, que pertence a outra persoa ou que, en xustiza, lle corresponde]. Non di nada do novo proxecto porque teme que llo rouben. Non lle roubes a esperanza.4 Reter [unha persoa] pola forza, en contra da súa vontade. Roubar un neno. CONFRÓNTESE raptar, secuestrar5 figurado Cobrar de máis por [algo]. O tendeiro da miña rúa rouba o que pode. CONFRÓNTESE cravar, estafar6 figurado Quitar a unha cousa [algo que lle corresponde]. Roubarlle terreo ao mar. Roubarlle horas ao sono.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!